InicioSociedadeO TSXG confirma a condena para o adestrador que abusou dunha xogadora...

O TSXG confirma a condena para o adestrador que abusou dunha xogadora de 15 anos en Lugo

Imponlle cinco anos de prisión ao considerar probado que se aproveitou da rapaza, á que acosou dende o 2015 ao 2017.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE |  A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo que condenou a cinco anos de prisión e a outros cinco anos de liberdade vixiada ao adestrador dun equipo de fútbol sala de 60 anos por abusar sexualmente e de forma continuada dunha das xogadoras, de 15 anos.

Ademais, o fallo impúxolle a prohibición de comunicarse e aproximarse á vítima durante seis anos, así como a inhabilitación para calquera profesión ou oficio que conleve contacto regular e directo con menores durante cinco anos.

O tribunal considera acreditado, do mesmo xeito que a resolución de primeira instancia, que o acusado iniciou un achegamento sexual cara á menor en xullo de 2015, “prevaléndose da súa superioridade, ao ser adestrador e referente masculino da menor”.  Segundo a sentenza, o condenado continuou cos abusos, que levaba a cabo no seu vehículo e en lugares de pouca luz e escaso tránsito, polo menos ata xaneiro de 2017.

“A explicación da Audiencia resulta suficiente, pois non só se apoia na declaración substancial da vítima, que valora como convincente e crible, senón en elementos periféricos corroboradores”, destaca o TSXG na súa resolución.

O alto tribunal galego avala a aplicación do “prevalemento”, porque o acusado tiña 60 anos cando iniciou a relación coa vítima. Aproveitou “a súa condición de adestrador e mentor para gañarse a súa confianza, sendo coñecedor da situación de vulnerabilidade da menor, non xa polo dato obxectivo da idade, senón polas circunstancias familiares da vítima “, aclara.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...