InicioSociedadeHostaleiros de Lugo esperan que "en dez días" se amplíe tamén o...

Hostaleiros de Lugo esperan que “en dez días” se amplíe tamén o horario de bares e cafetarías

Cheché Real confía en abrir en xuño o lecer nocturno con restricións, tras unha proba piloto que sitúa a "mediados de maio"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, expresou a súa confianza de en que “en dez días” se amplíe o horario de bares e cafetarías ata as 23,00 horas en toda Galicia, como se fixo xa cos restaurantes a partir deste venres.

Ante esta flexibilización de horarios, Real recoñeceu que están “moi satisfeitos” no sector, aínda que deslizou que “falta un pouco máis”: “Igualar dito horario das once da noite a todos os establecementos de hostalaría”.

Outro aspecto que valorou é o que se decidiu con respecto ao lecer nocturno. Neste contexto, avanzou que “no mes de xuño” tentarase que este sector “poida abrir coas peculiaridades que esixen estes tempos”. “Non vai abrir ata as 4,00 ou as 5,00 da mañá, pero esperamos que se poida abrir a partir de mediados de xuño coas restricións que se determinen”, indicou.

Así, Real adiantou que “en posteriores reunións avaliaranse que medidas levarán a cabo para facer esta apertura”, que dependerá da experiencia “piloto” que se porá en marcha a partir de “mediados de maio” nalgúns locais de Galicia de lecer nocturno.

O que si que se “puxo encima da mesa é que é imprescindible para este subsector da hostalaría o uso da música, porque isto é o que lles diferencia. Se non teñen música é coma se se pode abrir unha piscina pero non pode ter auga”, concluíu o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...