InicioSociedadeSoben os casos activos (176) e os novos positivos (14) na área...

Soben os casos activos (176) e os novos positivos (14) na área lucense

Once persoas permanecen hospitalizadas, das cales tres están a ser atendidas na Uci

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este xoves 15 de abril 176 casos activos de coronavirus, 7 máis ca na xornada anterior. Nas últimas 24 horas diagnosticáronse 14 casos positivos.

A xerencia da área sanitaria confirmou a existencia dun gromo cuns 15 positivos arredor dun grupo de mozos estudantes. Sanidade xa está rastrexando contactos e realizando cribados para evitar a transmisión da cadea do virus.

Ademais, o Sergas refire unha hospitalización máis. En total, hai 11 persoas ingresadas: 8 en planta (6 no Hula, 2 na Mariña) e 3 na Uci.

Dende o inicio da pandemia faleceron 212 persoas na provincia, curáronse 11.821 e realizáronse 214.043 probas PCR.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...