Home Lugo e contorna Lugo O centro da cidade perderá 171 prazas nos aparcamentos públicos para adaptalos ao PXOM

O centro da cidade perderá 171 prazas nos aparcamentos públicos para adaptalos ao PXOM

0
O centro da cidade perderá 171 prazas nos aparcamentos públicos para adaptalos ao PXOM
A alcaldesa, Lara Méndez, e o director de zona de Interparking, José Luis del Oro \ LX

EFE | A empresa Interparking informou de que perderá 171 prazas nos tres aparcamentos subterráneos públicos que xestiona no centro da cidade de Lugo, con motivo da súa adaptación á normativa establecida no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

O anuncio da modificación do contrato relativo á explotación dos aparcamentos subterráneos das prazas de Santo Domingo, Constitución e Ferrol fíxoo este martes a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, acompañada polo director de zona de Interparking, José Luis del Oro.

A rexedora local precisou que se modificará o contrato coa concesionaria “para cumprir así co PXOM” e co propio compromiso do goberno local de “conseguir” unhas prazas de estacionamento máis amplas nos aparcamentos públicos, “o 3X2 tan solicitado polos veciños”.

Lembrou que a adxudicación de eses contratos vén de 1986 e, desde entón, “cambiou moito o parque móbil, con vehículos de maior tamaño”. A alcaldesa confía en que este verán as prazas xa estean adaptadas.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here