InicioSociedadeO 24% da poboación da área lucense xa recibiu polo menos unha...

O 24% da poboación da área lucense xa recibiu polo menos unha dose da vacina

Pouco máis dun 9% dos lucenses están completamente inmunizados tras aplicárselles as dúas doses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos vacinou coas dúas doses ao 9,3% da súa poboación. Máis do 24% recibiron polo menos a primeira.

Así o manifestou este martes o xerente desta área sanitaria, Ramón Ares, quen destacou que seguen “vacinando aos grupos poboacionais” establecidos nos tres hospitais da provincia.

En concreto, detallou que ata este luns administráronse 110.252 doses de vacinas, que se traduce en 79.644 persoas cunha dose: o 24,2% da poboación de toda a área. Pola súa banda, hai 30.596 persoas coa pauta completada. É o 9,3% da poboación da provincia.

“Isto demostra o grande esforzo de todo o persoal da área sanitaria, en especial da enfermaría”, valorou o xerente da área de Lugo, quen incidiu en que o grupo de maiores de 80 anos practicamente conta con “un 90 e moito por cento de cobertura”. Só quedan “flocos”, puntualizou, debido a problemas de contacto.

Así mesmo, indicou que esta semana estase a levar a cabo a vacinación masiva de persoas de 70 a 79 anos. “Xa estamos polos 75-74 anos“, afirmou, para concluír que “ao terminar esta semana” estarán a vacinar “á poboación de 74 anos”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...