Home Lugo e contorna Lugo O Concello de Lugo: “O alcance do incendio non garda relación coa presión da auga no polígono”

O Concello de Lugo: “O alcance do incendio non garda relación coa presión da auga no polígono”

0
O Concello de Lugo: “O alcance do incendio non garda relación coa presión da auga no polígono”
Incendio no polígono do Ceao, en Lugo | EP

O goberno local de Lugo desvinculou o alcance do incendio no polígono do Ceao á presión da auga para sufocalo. No canto diso, atribuíu as importantes consecuencias do lume aos materiais que arderon e á escasa distancia entre naves.

O aínda edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, asegurou que dende que se decretou o incendio, o subministro de auga “estivo garantido”. “A envergadura do incendio e, sobre todo, as consecuencias que tivo, non gardan ningunha relación coa presión nin co caudal de auga dos hidrantes do polígono, que se atopa abastecido cun depósito propio”, indicou.

Así, conclúe que “todo apunta a que a extensión da superficie que se viu afectada polas chamas obedece á elevadísima carga térmica do foco que as propiciou e que, axudada polas condicións climatoloxóxicas, facía incontible a progresión das chamas”.

Tamén foi determinante, asegurou, o “tipo de materiais, altamente inflamables, que se almacenaban nestes negocios, entres os que apenas existía separación que actuase como cortalumes”, resaltou.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here