InicioDeportesBóveda volve correr pola solidariedade

Bóveda volve correr pola solidariedade

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este domingo vinte de maio Bóveda (Lugo) volve correr pola solidariedade. Celebrarase a undécima edición da Carreira Solidaria Río Mao, cun percorrido de 7,4 quilómetros na categoría adulta, con saída e meta na área recreativa Muíño do Xil. Tamén haberá carreiras en categorías alevín, infantil, cadetes, pitufos, prebenxamín, benxamín, xuvenil, sénior a, sénior b, veteráns a e veteráns b. A primeira das carreiras comeza ás once da mañá e a carreira adulta comeza ás doce e cuarto do mediodía.

Os dorsais poderán recollerse entre as dez da mañá do mesmo domingo vinte de maio até  media hora antes de cada saída. O prazo de inscrición rematou este xoves.

Ao remate, celebrarase unha pancetada de balde.

Cartaz da XI Carreira Solidaria Río Mao de Bóveda (Lugo)

Foto da organización.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...