InicioSociedadeProposto para sanción de 3.000 euros un mozo por unha festa na...

Proposto para sanción de 3.000 euros un mozo por unha festa na súa vivenda en Lugo en ausencia dos seus pais

Os veciños aseguran que non é a primeira vez que acontece.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo propuxo para sanción a un mozo por montar unha festa no seu domicilio na capital luguesa durante a ausencia dos seus pais. Segundo relatou a Policía Local, sobre as 1,45 horas do pasado día 2 de abril unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo foi enviada a un edificio da rúa Serra Gañidoira, xa que os veciños denunciaron ruídos procedentes dunha vivenda, “que lles imposibilita conciliar o soño”.

Os axentes escoitan, destacaron as mesmas fontes, “volume alto de música desde a vía pública e voces de persoas en actitude festiva” polo que, para tratar de identificar ao responsable, chaman á porta, momento no que, engaden, “cesa a música e as persoas que hai no interior falan en ton baixo e non responden as chamadas dos policías, escoitando claramente como se dirixían a unha persoa polo seu nome”.

Os veciños informaron de que é habitual durante os fins de semana ou festivos que os propietarios do piso vaian de ponte e os seus fillos realicen festas cos seus amigos, sinalou a Policía Local.

O 5 de abril pola tarde unha patrulla acudiu de novo á vivenda onde foi recibida polos propietarios aos que se lles informa dos feitos. Estes manifestaron que marcharan de fin de semana e quedara na vivenda o seu fillo, que identificaron co mesmo nome que escoitaran os axentes na noite do día 2.

Por iso, tramitouse acta denuncia contra o responsable da festa, o fillo dos propietarios do piso, por unha infracción grave á Lei de Saúde de Galicia ao non colaborar no labor inspector, polo que se propuxo para sanción de 3.001 euros e foi informado da tramitación do expediente sancionador.

+ posts

ÚLTIMAS

A xuíza amplía a investigación a José Tomé e cita 5 mulleres vinculadas ao PSdeG

A investigación xudicial aberta contra o alcalde de Monforte de Lemos e expresidente da...

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...