Home Comarca da Fonsagrada A Fonsagrada Un camioneiro resulta ferido de gravidade tras envorcar o vehículo na Fonsagrada

Un camioneiro resulta ferido de gravidade tras envorcar o vehículo na Fonsagrada

0
Un camioneiro resulta ferido de gravidade tras envorcar o vehículo na Fonsagrada
Helicóptero medicalizado do 061 | ALX

Un home resultou ferido de gravidade ao envorcar o camión cargado de madeira que conducía no municipio da Fonsagrada. O 112 informou de que foi mobilizado un helicóptero medicalizado para trasladar o condutor.

Segundo a información que manexa o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE), o accidente produciuse ás 11:05 horas na estrada LU-530, ao seu paso polo concello fonsagradino.

Os primeiros en chegar ao lugar do sinistro foron efectivos de Protección Civil da localidade, quen confirmaron que o condutor estaba atrapado na cabina do vehículo pesado, aínda que se atopaba consciente.

Para rescatar a vítima, ademais de dar aviso á Garda Civil de Tráfico e ao 061, foron mobilizados os Bombeiros de Sarria.  Persoal do 061, segundo informou o 112, xa se atopa no lugar do sinistro, aínda que se espera a chegada do helicóptero medicalizado, que foi mobilizado para trasladar de urxencia ao ferido.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here