InicioSociedadeMaxisterio trasládase ao campus e cédelle o espazo a un novo Instituto...

Maxisterio trasládase ao campus e cédelle o espazo a un novo Instituto de Educación Secundaria

A Facultade de Formación do Profesorado mudarase a un novo edificio da zona universitaria, mentres que o inmoble da Avenida de Ramón Ferreiro comezaría a funcionar como IES no 2023.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A Consellería de Cultura, Educación e Universidade asinou un protocolo xeral coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) para reorganizar as infraestruturas educativas na cidade de Lugo, co traslado da Facultade de Formación do Profesorado ao campus universitario para converter o edificio que agora ocupa nun novo instituto no centro de Lugo.

O protocolo foi asinado este luns polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López.

A Facultade de Formación do Profesorado será trasladada a un novo edificio no campus universitario da cidade, mentres que o inmoble que agora ocupaba será cedido pola USC á Consellería de Educación para a creación dun novo instituto público, que comezaría a funcionar no curso 2023-2024.

ZONA DE CENTROS EDUCATIVOS

Desa forma, na mesma zona da cidade, nas inmediacións de Ramón Ferreiro, haberá un colexio -CEIP Anexa-, tres institutos -o novo, o IES Lucus Augusti e o IES Ollos Grandes- e un centro integrado de Formación Profesional -CIFP Politécnico-, ademais das correspondentes instalacións deportivas para os alumnos.

“A Xunta de Galicia creará unha gran área educativa no centro de Lugo, moi preto dun dos nosos elementos patrimoniais máis emblemáticos, como é a Muralla” romana, dixo Román Rodríguez, ademais de dar resposta á alta demanda de prazas de Secundaria nesa zona da cidade.

De feito, esa actuación sumarase ás melloras xa proxectadas nos institutos Lucus Augusti e Ollos Grandes, así como á ampliación do CIFP Politécnico, intervencións orzadas en 2,7 millóns de euros.

“É un acordo que fai cidade, pois supoñerá un impulso decidido ao campus e será enormemente beneficioso para o sistema educativo”, dixo Rodríguez.

A Xunta de Galicia financiará o 49% da construción do edificio que albergará no campus a Facultade de Formación do Profesorado, cunha achega máxima de 4 millóns de euros.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...