InicioSociedadeLugo mellora todas as súas cifras da covid tras rexistrar só 8...

Lugo mellora todas as súas cifras da covid tras rexistrar só 8 positivos na última xornada

Na provincia hai 11 ingresados e 133 persoas infectadas, en ambos casos menos que 24 horas atrás.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia pechou a Semana Santa cunha maior presión hospitalaria pola pandemia da covid-19 que cando arrincou. En concreto, este luns os datos da Consellería de Sanidade, elaborados con cifras ás 18,00 horas do domingo, contabiliza un total de 219 ingresados por coronavirus. Son unha quincena máis que os 204 do sábado 27 de marzo, cando iniciou este período vacacional unha vez pasado a ponte de San José.

Iso si, os casos activos da enfermidade na Comunidade galega reducíronse ao longo da Semana Santa, unha cuestión na que tivo influencia a propia redución do número de probas diagnósticas dsenvoltas polo Sergas. Así, se o 27 de marzo Sanidade notificaba 2.357 pacientes, este luns hai 2.174. A taxa de positividade das PCR, de feito, vén de se incrementar incrementouse ata o 4%, porcentaxe máis alta de toda a Semana Santa, aínda que aínda continua por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala para dar por controlada a pandemia. O sábado 27 de marzo a positividade era do 1,9%.

En calquera caso, na análise a curto prazo, os datos deste luns reflicten lixeiros repuntes en ambos os parámetros con respecto á xornada do domingo. En canto aos ingresados, os 219 hospitalizados actuais supoñen unha subida de seis. Este incremento dos ingresados por coronavirus en Galicia débese á subida dos hospitalizados en planta, ata os 187, oito máis en 24 horas. Con todo, as unidades de coidados intensivos (UCI) experimentaron un alivio ao contabilizar 32 pacientes covid, dous menos.

MELLORÍA EN LUGO 

Por áreas sanitarias, tan só dúas delas reduciron o número total de hospitalizados no último día. Entre elas está a de Lugo-A Mariña-Monforte, que vén de reducilos en dous, ata os 11 ingresados, dos que dous –un menos– están críticos. Por outro lado, das sete áreas sanitarias catro rexistran unha baixada este luns ao computar máis altas que novos diagnósticos. Tamén se atopa entre elas Lugo, que suma 133 casos activos, un menos que o pasado domingo. Nas últimas 24 horas só se detectaron 8 novos positivos en toda a provincia. 

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...