InicioMedioambiente e PatrimonioLence, Norvento e Agroamb únense para crear unha planta de biogás no...

Lence, Norvento e Agroamb únense para crear unha planta de biogás no Ceao

As tres compañías poñen en marcha en Lugo o 'Proxecto Riazor', unha iniciativa que "permitirá reducir as emisións, minimizar a pegada de carbono e reutilizar os residuos".

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O grupo lácteo Lence, a compañía do sector da enerxía Norvento, e o grupo empresarial Agroamb, vinculado ao sector agrario e ao tratamento de residuos orgánicos,  uniron forzas para poñer en marcha o proxecto Riazor. A iniciativa consiste na creación dunha “innovadora planta de xestión circular de residuos e xeración de biogás” no polígono industrial do Ceao.

Os promotores de Riazor teñen prevista un investimento conxunto de 7,5 millóns de euros para a creación dun planta que “permitirá valorizar residuos orgánicos e non perigosos xerados principalmente na industria láctea”, aínda que tamén “ofrecerá a outras industrias agroalimentarias e organismos públicos locais a oportunidade de xestionar os seus refugallos”.

AS INSTALACIÓNS

Estas instalacións combinarán “unha planta de biogás, un sistema de humidais e un sistema biolóxico para a eliminación de cheiros”.

Os impulsores desta iniciativa calculan que a planta Riazor terá capacidade para xestionar “unha media de 55.000 toneladas de residuos anuais”, para xerar “biogás que será inxectado e comercializado a través da rede nacional de gas natural”.

“O modelo de economía circular e de proximidade no que está baseado posibilitará que o proxecto sexa economicamente sostible pola súa propia actividade mediante a comercialización de enerxía limpa. Estímase que, durante a súa vida útil, a planta evitará emisións de gases de efecto invernadoiro por un volume de 37.300 toneladas de CO2 equivalentes”, precisan.

Así mesmo, o dixestato da planta de biogás permitirá xerar “un compost orgánico destinado ao sector primario e un efluente líquido que será tratado nun sistema de humidais situado nas instalacións”, coa finalidade de asegurar que “outros compostos químicos, como o nitróxeno, sexan capturados de maneira eficiente no proceso” e así cumprir “cos estándares máis esixentes de calidade da auga para a súa reutilización en aplicacións industriais”.

Finalmente, a planta contará cun sistema de tratamento biolóxico de cheiros para atrapar compostos olorosos, para minimizar o impacto ambiental.

“LUGO, REFERENTE DE SOSTIBILIDADE”

A presidenta do grupo Lence, Carmen Lence, subliña que “o desenvolvemento desta iniciativa é unha clara mostra da aposta” da súa empresa “pola sustentabilidade como eixo transversal de toda a nosa actividade”.

“O respecto pola contorna é parte do noso ADN e a posta en marcha desta planta constitúe un gran avance, xa que nos permitirá pechar un círculo ao conseguir reducir as nosas emisións de maneira significativa, minimizar a nosa pegada de carbono e reutilizar os nosos residuos, o que sen dúbida terá efectos positivos no medio ambiente”, engadiu.

Pola súa banda, Pablo Fernández Castro, presidente e CEO de Norvento Enerxía, destaca que “o sector agroalimentario é estratéxico para lograr os plans europeos de alcanzar a neutralidade de carbono en 2050. Por iso, a xestión eficiente dos seus residuos é esencial para avanzar cara a unha economía verde e sostible”.

O CEO do Grupo Agroamb, Severiano Ónega, recoñece a satisfacción que lle produce que algo que a súa empresa leva “20 anos facendo” se poida “trasladar á sociedade da man de líderes no seu sector como Lence e Norvento, para facer de Lugo unha referencia no ámbito da sostibilidade”.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...