InicioEconomíaA Deputación proxecta un Plan Único 2021 de case 24 millóns de...

A Deputación proxecta un Plan Único 2021 de case 24 millóns de euros

No pleno de 30 de marzo abordarase esta iniciativa, que pretende financiar obras, accións nos sectores do emprego, Servizo de axuda no fogar e medidas anticovid en toda a provincia lucense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo levará ao pleno ordinario de marzo, previsto para o vindeiro martes 30, a relación de actuacións e proxectos do Plan Único 2021 que, dotado con case 24 millóns de euros, financiará obras, accións nos sectores do emprego e a axuda no fogar e medidas anticovid en toda a provincia lucense.

As actuacións do plan, propostas polos 67 concellos provinciais, foron tratadas este xoves na comisión informativa de asuntos do pleno -na que están representados todos os grupos políticos provinciais-, unha reunión previa á sesión plenaria do próximo martes.

Tal e como informou a institución provincial nun comunicado, 21,5 millóns de euros do total do Plan Único son achegados pola Deputación, unha cifra que alcanza os 24 millóns de euros “grazas ás contribucións dos municipios”.

Da partida total, como acordaron as entidades locais, 15,2 millóns de euros -o 70% do plan- destinaranse a investimentos para acometer 332 obras e subministracións. Algunhas das actuacións contempladas son a renovación de pavimentos en estradas, pistas e camiños municipais, a mellora da iluminación pública, e a realización de plans de ordenación do tráfico e o estacionamento, entre outras.

Á creación e fomento do emprego irán parar 3,5 millóns de euros “cos que se crearán 300 postos de traballo”, e ao Servizo de Axuda non Fogar (SAF), outros 3 millóns de euros “para atender a máis de 3.000 persoas”.

A loita contra o coronavirus tamén figura contemplada nas actuacións propostas para o plan provincial de 2021. Así, 800.000 euros destinaranse a medidas sociais e económicas para paliar o impacto da covid-19. Neste sentido, as accións centraranse na compra de material de protección ou na concesión de axudas directas a autónomos e empresas.

OUTRAS ACCIÓNS DO PLAN ÚNICO 2021

Doutra banda, e amparados polo Plan Único, os concellos tamén traballarán en actividades ou eventos de promoción turística, aos que se destinarán 126.540 euros. Algunhas das actividades xa programadas son as rutas xeolóxicas en Burela, a Festa da faba 2021 do concello de Lourenzá, ou a promoción das localidades de Monforte de Lemos e O Vicedo.

Os concellos, segundo a Deputación, seguen “apostando polo investimento na mellora da administración electrónica e da protección de datos”, cun programa que ascende aos 145.000 euros que alcanzará a 15 concellos.

O Plan Único tamén inclúe nas súas bases un apartado propio para Protección Civil no que este ano se recollerán os gastos correntes relacionados coas unidades e que ascende a 14.500 euros.

O programa de feiras e mercados leva case 35.000 euros, “unha cantidade moi inferior a anteriores anualidades debido á situación de pandemia que impide a celebración de eventos que congreguen a grandes grupos de persoas”.

O plan provincial destinará ademais máis de 200.000 euros a actividades culturais tales como escolas de música, teatro ou actuacións, e outros 75.000 euros ao fomento do deporte –scolas deportivas, cursos de ximnasia, carreiras populares e “calquera evento que promova os hábitos saudables desde a óptica deportiva”-.

ÚLTIMAS

Os túneles de Doncos e Cereixal, na A-6, permanecerán cortados durante tres noites esta semana por obras

O Ministerio de Transportes realizará cortes de tráfico durante as noites deste martes, mércores e xoves...

O TSXG suspende de forma cautelar as autorizacións para construír tres parques eólicos en Lugo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) decretou a suspensión, de forma cautelar, das autorizacións...

A Deputación de Lugo desbrozará 4.200 quilómetros de estradas en mes e medio

A Deputación de Lugo comezou este luns os traballos de roza nos máis de 4.200 quilómetros de...

Detido un mozo en Lugo acusado de roubo ao ser sorprendido no interior dunha vivenda e encapuchado

Un mozo foi detido en Lugo sorprendido mentres, supostamente, roubaba nun domicilio particular do...