InicioSociedadeVilalba únese á 'Liña verde', un sistema de comunicación de incidencias

Vilalba únese á ‘Liña verde’, un sistema de comunicación de incidencias

Este novo servizo servirá como canle directa de comunicación cos responsables municipais, permitindo xuntar unha fotografía e xeolocalizar o suceso

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Vilalba únese aos máis de 500 municipios que a nivel nacional dispoñen do servizo ‘Liña Verde’. A través desta canle de comunicación directa, os veciños poden informar daqueles danos que detecten na súa localidade.

Grazas a esta ferramenta de participación cidadá, o concello pretende coñecer as necesidades da veciñanza e así poder dar solución ás cuestións comunicadas.  Para poder utilizar este novo servizo é necesario proceder á descarga gratuíta da app ‘Liña Verde’.

A partir dese momento, o usuario selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia e de forma automática a app detecta as coordenadas exactas nas que se sitúa o dano. O seguinte paso é achegar unha foto da incidencia e a observación sobre a mesma.

Unha vez enviada, persoal do Concello de Vilalba recibe a notificación do dano comunicado e iniciaríanse os trámites para darlle solución. O cidadán ou cidadá, á súa vez, recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma.

A través de ‘Liña Verde’, o usuario/a tamén pode expor calquera consulta ambiental. Nun prazo máximo de 24 horas terá resposta por parte dun equipo de expertos na materia de forma completamente gratuíta.

Outra das posibilidades que ofrece esta ferramenta é o envío de comunicacións informativas por parte do Concello de Vilalba aos cidadáns que así o desexen. Desta forma, ademais de implantar unha canle para resolver incidencias de mantemento no municipio, tamén é posible facer chegar a información de servizo público que se considere oportuna como o corte de tráfico dunha rúa ou un corte de auga ou luz.

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Prensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

O pasado venres a medio día presentouse no Pazo de San Marcos o VIII...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...