InicioSociedadeAbren xuízo oral contra a nai de Desirée, acusada de matar a...

Abren xuízo oral contra a nai de Desirée, acusada de matar a nena en Muimenta

O auto sinala que a sospeitosa tramou un plan para acabar coa vida da filla mediante a asfixia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O Xulgado de Instrución número 1 de Vilalba ditou auto de apertura de xuízo oral contra a acusada de matar á súa filla en Muimenta (Cospeito) en maio de 2019. O caso será axuizado por un xurado popular na Audiencia Provincial de Lugo, segundo informa nun comunicado o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A instrutora, que mantén a prisión provisional, comunicada e sen fianza da sospeitosa, entende que das dilixencias practicadas despréndese “a existencia de indicios racionais de criminalidade” contra a investigada e considera que os feitos poderían ser tipificados como constitutivos dun delito de asasinato con aleivosía, concorrendo as agravantes de parentesco e a atenuante de anomalía ou alteración psíquica.

A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Vilalba sinala no auto que existen indicios de que a nai urdiu un plan para acabar coa vida da nena Desirée, de tan só sete anos.  Durante a madrugada do 2 ao 3 de maio, segundo indica no auto, presuntamente asfixiouna coas súas mans. A nena, que durmía na mesma cama que ela, chegou a espertarse e a opoñer resistencia.

A acusada, segundo consta na resolución, foi diagnosticada dun trastorno de personalidade de tipo mixto e dun trastorno psicótico, os cales puideron afectar de maneira parcial ás súas capacidades intelectivas e volitivas.

A xuíza ditou a apertura de xuízo oral sen a celebración da audiencia preliminar ao renunciar a defensa a ela, tal como se recolle no artigo 30.2 da Lei do Xurado.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia, alcaldesa de Lugo: o PP volve despois de vinte e sete anos cunha moción de censura polémica

A ata agora portavoz local do PP, tamén líder do partido na provincia, Elena...

Eliminar carril bici, máis aparcadoiros e “un San Froilán para todos”, entre as prioridades de Candia

A nova alcaldesa de Lugo, Elena Candia, presentou nos primeiros minutos de mandato un...

Elena Candia, da alcaldía de Mondoñedo á de Lugo pasando pola Deputación

De rexer unha capital de provincia (do antigo Reino de Galicia, iso si) a...

Ferraz acusa ao PP de usar a una “tránsfuga” para hacerse con la alcaldía de Lugo

A dirección federal do PSOE reprochou ao líder nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo,...