InicioDeportesPortomarín acollerá a Copa de España de Piragüismo Infantil

Portomarín acollerá a Copa de España de Piragüismo Infantil

As instalacións do albergue Benigno Quiroga serán o lugar escollido para a competición, que reunirá mil participantes a finais de xuño.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE |  As instalacións do albergue xuvenil Benigno Quiroga, en Portomarín, acollerán a Copa de España de Piragüismo Infantil, que terá lugar a última fin de semana do mes de xuño, segundo informou hoxe a conselleira de Política Social, Fabiola García, durante a súa visita a este centro de titularidade autonómica.

A conselleira estivo acompañada na súa visita polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias; o alcalde da localidade, Juan Serrano; e o presidente do Club Fluvial de Lugo, Tito Valledor.

García destacou que o albergue de Portomarín reúne “as mellores condicións” para acoller unha competición destas características, que reunirá máis de 1.000 participantes, con idades comprendidas entre 12 e 14 anos.

A conselleira, que renovou o acordo polo que se cede ese centro para o adestramento dos mozos do Club Fluvial de Lugo no encoro de Belesar, dixo que o obxectivo do goberno galego é “darlle ao albergue a maior vida útil posible”, para conseguir que se beneficie do mesmo “o maior número de persoas”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...