InicioEconomíaO sector forestal lucense consolídase como baluarte do piñeiro en Galicia

O sector forestal lucense consolídase como baluarte do piñeiro en Galicia

Os propietarios forestais de Lugo ingresaron arredor de 81,8 millóns de euros pola venda de madeira no ano 2020.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A Asociación Forestal de Galicia (AFG) informou de que os propietarios forestais da provincia de Lugo ingresaron arredor de 81,8 millóns de euros pola venda de madeira no ano 2020, de acordo cos datos de tallas rexistrados pola Consellería do Medio Rural.

A comarca da Mariña é a que concentra un maior volume de facturación, con 29,6 millóns de euros; seguida pola Terra Chá, con 21,1 millóns, e o distrito forestal de Lugo-Sarria, con 19 millóns de euros.

De feito, os datos da Mariña sitúan a esta comarca como o segundo distrito forestal de Galicia con maior facturación pola venda de madeira durante o pasado ano, moi preto de Ferrol -Ortegal e Bergantiños- As Mariñas Coruñesas, que lidera a lista con 31,2 millóns de euros. Ademais, A Mariña tamén é a segunda comarca de Galicia con máis vendas de madeira de eucalipto, tamén por detrás de Ferrol-Ortegal.

Lugo tamén se consolida, segundo a AFG, como “bastión do piñeiro en Galicia”, pois as tres comarcas con maiores tallas de coníferas corresponden a esta provincia. Destaca a zona de Lugo-Sarria, que supera os 11 millóns de euros de facturación pola venda de madeira de piñeiro.

Con estes resultados, a asociación afirma que “o monte en Galicia” volveu a confirmar que é “un sector resiliente ás cíclicas crises” e as “comunidades de montes e propietarios particulares” demostraron outra vez a “fortaleza do mesmo, cunha xestión “similar á doutros exercicios”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...