InicioCultura'IlustrarNós', un certame de debuxo para lembrar a Castelao

‘IlustrarNós’, un certame de debuxo para lembrar a Castelao

PUBLICADA O

- Advertisement -

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, convidou os centros educativos da provincia a participar na primeira edición do Certame Escolar de Ilustración ilustrarNÓS, dirixido a alumnado de 5º e 6º de Primaria, Secundaria, Bacharelato e ciclos formativos.

Maite Ferreiro detallou as bases do certame, que forma parte da programación impulsada desde a área de Cultura arredor da ilustración, co obxectivo de contribuír a fomentar a creatividade e o interese por esta arte tomando como referencia a obra de Castelao.

“O alumnado terá que realizar unha ilustración a partir das citas de Castelao que se propoñen nas bases, seleccionadas entre a súa obra literaria buscando que se adapten a cada etapa educativa. Estamos facendo chegar as bases aos centros educativos da provincia e tamén ás asociacións de nais e pais, para que animen aos rapaces e rapazas a participar e coordinen o envío das obras. Cremos que esta iniciativa pode ser  é un bo recurso para traballar a expresión artística e afondar no coñecemento da obra plástica Castelao”, indicou.

O prazo para participar no certame manterase aberto ata o  23 de abril, coincidindo co Día do Libro. Os traballos remitiranse ao enderezo certame.ilustrarnos@gmail.com.

Un xurado composto por persoas relacionadas co mundo da cultura, da edición, da ilustración e da docencia valorará as obras, tendo en conta aspectos como a relación da ilustración coa cita proposta, a creatividade na interpretación do texto ou a técnica e a composición da imaxe.

As autoras e autores das mellores ilustracións de cada categoría recibirán como como premio unha tablet con aplicacións de deseño gráfico e unha colección de libros ilustrados (álbum, banda deseñada, novela gráfica etc.).

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...

Méndez cre que o papel de María Reigosa “demostra que Candia mercadea con Lugo” e avisa: “Pasará factura”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, cre que o papel de María...

Candia comeza o seu mandato retirando unha bandeira palestina e reuníndose con representantes do persoal municipal

A popular Elena Candia arrincou a súa nova etapa como alcaldesa de Lugo e...

O “equipo” de Candia: sete tenentes de alcalde e María Reigosa como non adscrita

O novo goberno municipal de Lugo presidido por Elena Candia xa está en marcha....