InicioSociedadeO Sergas realizará un cribado este xoves en Guitiriz ante o incremento...

O Sergas realizará un cribado este xoves en Guitiriz ante o incremento de casos

O obxectivo é achegarse a unhas 500 PCR coas probas que se farán no sector servizos e aqueloutras que se efectuarán no centro de día e no colexio

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) vén de informar que realizará un cribado poboacional o vindeiro xoves 11 de febreiro no concello de Guitiriz co gallo de detectar o máximo número posible de asintomáticos e frear o aumento de diagnósticos dos últimos días.

O xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares Rico, explicou que o de Guitiriz é “un dos concellos que preocupa agora polo incremento de casos que tivo nos últimos días, sobre todo a partir da última fin de semana”. Segundo datos do Sergas, os positivos detectados nos últimos 14 días foron 41.

Así pois, óptase pola mesma fórmula ca a utilizada anteriormente en municipios como Vilalba, O Vicedo, Viveiro ou Xove, e convidarase a “un grupo importante da poboación” relacionado co sector servizos. “O cribado estará dirixido a aqueles profesionais do sector servizos, porque están en contacto directo co público xeral”, precisou Ares.

PCR NO CENTRO DE DÍA E NO COLEXIO

O xerente da área de Lugo engadiu que, aproveitando que os equipos sanitarios se desprazan a Guitiriz para facer este cribado, tamén se realizarán probas aos usuarios do centro de día, pechado polo Concello dende o luns por mor dun “número importante de casos”. Así mesmo, tamén completarán o cribado con probas no colexio, “aínda que xa se fixeron mostras en función de varios positivos que houbo neste colectivo”.

En suma, Ramón Ares estima que se convidará a case 500 persoas neste cribado previsto para o xoves 11 de febreiro pola tarde, e en cuxo desenvolvemento destaca a “total colaboración” do Concello de Guitiriz.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...