InicioSociedadeDetida por extorsionar a un lucense para non denuncialo por unha suposta...

Detida por extorsionar a un lucense para non denuncialo por unha suposta violación

A acusada tería obtido preto de 30.000 euros ao longo de tres décadas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Unha muller foi detida por extorsionar un home durante trinta anos coa ameaza de denuncialo por unha suposta agresión sexual, segundo informa a Policía. Con esta práctica, a acusada obtido preto de 30.000 euros.

A muller de 55 anos, residente en Lugo igual ca o home, foi detida tras a denuncia presentada a semana pasada por suposta extorsión, indica a Policía.

Nun primeiro momento, a muller reclamaba cantidades de 20 a 30 euros pero progresivamente foi aumentando e chegou a esixir de 1.000 a 2.000 euros a cambio de “non realizar unha denuncia falsa por violación”, segundo fontes policiais.

De feito, cando se producían as entregas, a muller ameazaba o home con tirarse ao chan e pedir auxilio a berros se non lle daba o diñeiro solicitado.  Ao ser incapaz de satisfacer as súas demandas de diñeiro, a suposta vítima tomou a decisión de presentar denuncia na Comisaría de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...