InicioSociedadeO alcalde de Portomarín chama ao "autoconfinamento" tras pasar de 0 casos...

O alcalde de Portomarín chama ao “autoconfinamento” tras pasar de 0 casos a entre 12 e 20

"Se isto nun ou dous días non o paras, haberá que facer PCRs e cribados", asegura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Portomarín, Juan Serrano, fixo un chamamento aos seus veciños para que se “autoconfinen” ao dispararse os contaxios por Covid-19. Estimou que na actualidade conviven con “entre doce e 20 casos” positivos.

Ademais de apelar ao “autoconfinamento”, o rexedor puntualizou que se pecharon todos os servizos municipais que non son “esenciais” para frear a escalada de contaxios. “A única forma de parar a viaxe do virus dun sitio a outro (o autoconfinamento) e así decretamos o peche tamén deses servizos municipais e reforzamos a vixilancia en zonas de concorrencia obrigada como farmacias, supermercados ou o centro de saúde, desinfectando as zonas comúns”, concretou.

Tamén se suspendeu o servizo de Atención Domiciliaria durante quince días, despois de analizar a situación e consultar cos propios usuarios, sinalou. En canto á incidencia, Serrano calculou que teñen “entre 12 e 20 casos”, o que suporía sobre “o un por cento” da poboación de Portomarín, que supera os 1.400 habitantes.

“Esta porcentaxe paréceme unha barbaridade, sobre todo nun concello que estivo en cero ou cun caso só. Se isto nun ou dous días non o paras, haberá que facer PCRs e cribados“, advertiu finalmente o alcalde de Portomarín.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...