InicioEconomíaLugo confirma que aportará o 1% do seu orzamento á hostalaría

Lugo confirma que aportará o 1% do seu orzamento á hostalaría

A cantidade suporía arredor dun millón de euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, anunciou este luns que o Concello destinará máis dun millón de euros en axudas a hostalaría e turismo, o que supón o 1% do seu orzamento de 106 millóns.

En rolda de prensa, a rexedora destacou que o Concello “vai facer o que leva facendo desde o 15 de marzo, apoiando o sector e facendo esforzos orzamentarios importantes para tentar paliar este efecto tan negativo e contraproducente que está a ter nas economías locais”, en especial na hostalaría.

Respecto diso, apunta que “non se descarta” que o Concello de Lugo achegue máis apoios que este 1% das contas anuais. “Xa levamos posto moito diñeiro para paliar esta situación”, valora.

Méndez critica que “a Xunta fala agora e di que se conta o que xa puxo estaría a investir o 1,4% do seu orzamento”. “Pero se os concellos, como o caso de Lugo, contamos o que xa puxemos e o que imos investir estariamos no 7% do orzamento, con axudas directas máis aló doutras axudas”, avisa.

Así mesmo, a rexedora demandou un fondo común que se xestione por parte dos municipios. “Nós temos experiencia de xestión”, conclúe a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

+ posts

ÚLTIMAS

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...