InicioEconomíaO funcionariado da Deputación comeza o luns o traballo presencial en quendas...

O funcionariado da Deputación comeza o luns o traballo presencial en quendas do 50%

O persoal combinará as súas funcións nas dependencias provinciais coa modalidade non presencial e priorizará a atención ao público vía telefónica ou telemática.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O próximo luns, 1 de febreiro, os empregados e empregadas da Deputación de Lugo volven progresiva e gradualmente ao traballo presencial. O cadro de persoal, que se atopaba realizando as súas funcións dende o domicilio na modalidade non presencial, pasará a realizar traballo presencial en quendas estables do 50% dos efectivos de cada servicio. Esta decisión foi tomada dentro da política da institución provincial de anticipación e prevención na loita contra a Covid-19.

A deputada Pilar García Porto subliñou que “estas medidas establecéronse co fin de preservar a seguridade e a saúde dos empregados e empregadas e da propia cidadanía á que se presta servizos”. Tamén que, dende a institución provincial continuouse prestando os servizos públicos con normalidade e fluidez durante este período.

A institución provincial asinou o pasado luns 18 de xaneiro un decreto no que se recollía un conxunto de medidas como reducir ao imprescindible a presencia do persoal nas dependencias provinciais entre o 18 e o 31 de xaneiro, priorizar as reunións a través de plataformas telemáticas, a cancelación dos actos públicos ou o peche das dependencias ao público. Ademais, durante este período, as Xuntas de Goberno, as comisións informativas e a propia sesión plenaria de xaneiro celebráronse vía telemática.

ATENCIÓN TELEFÓNICA

A institución provincial tamén abre de novo, a partir do luns 1 de febreiro, as súas dependencias á cidadanía para a atención cidadá. Pese a esta medida, darase prioridade á atención por vía telefónica ou telemática, evitando así os contactos e reducindo a posibilidade de transmisión do virus. A atención presencial realizarase mediante cita previa.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...