InicioLugo e contornaDetido un veciño de Lugo por distribución de pornografía infantil na rede

Detido un veciño de Lugo por distribución de pornografía infantil na rede

O acusado foi enviado a prisión por orde do xulgado de garda, tras prestar declaración.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados coas novas tecnoloxías, detiveron este xoves a un veciño da cidade por un delito de pedofilia e pornografía infantil en relación á distribución de fotografías de contido sexual con menores.

Así o informou a Policía Nacional, que relatou que a investigación comezou na Comisaría da Policía Nacional en Ourense, mediante un varrido informático dos que se realizan habitualmente para detectar este e outros tipos de delitos que se cometen a través de Internet, e xunto cunha denuncia dun particular que puña en coñecemento uns posibles feitos de distribución de pornografía infantil.

No marco desta investigación, na denominada ‘Operación Inicio’, localizouse un chat “onde se ofrecen imaxes dun menor, para estes fins”. Así, a Unidade de delitos tecnolóxicos da Comisaría de Ourense logrou descubrir que a dirección e o computador de onde saían esas fotos, coordenadas situadas na cidade de Lugo.

Con iso, os axentes de Ourense, en colaboración coa Comisaría Provincial de Lugo e o seu Grupo de delitos tecnolóxicos, informaron o Xulgado de Instrución número 2 da cidade, que concedeu orde de entrada e rexistro no domicilio do presunto pedófilo.

No rexistro, indican as mesmas fontes policiais, os axentes incautáronse de diverso material informático, “que implica directamente ao detido”, subliña a Policía. Con todo iso ponse a disposición da autoridade xudicial este xoves ao detido xunto con todo o actuado. Foi enviado a prisión por orde do xulgado de garda, tras prestar declaración.

ÚLTIMAS

Coñece a programación da Semana de Cinema de Autor de Lugo: 148 filmes e homenaxe a María Vázquez

Máis de 148 películas formarán parte este mes de setembro da Semana de Cinema de...

Outro incendio rexistrado nunha nave do Ceao provoca cuantiosos danos materiais, aínda que non se rexistran vítimas

Un incendio declarado na noite deste mércores nunha nave do polígono industrial de O...

Vicepresidencia da Deputación de Lugo non dará apoio económico a actividades con participación israelí

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do BNG, anunciou que non financiará actividades nin...

Detido en Lugo por ameazar con navalla a dous menores que xogaban na rúa

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home de 64 anos de idade...