Un novo cribado en Vilalba buscará asintomáticos entre traballadores do sector servizos

O Concello solicitara a realización destas probas, que finalmente se farán o xoves 28 de xaneiro. As persoas interesadas deberán anotarse previamente

Proba de Covid-19 | EFE

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) realizará outro cribado no municipio de Vilalba, esta vez dirixido a traballadoras e traballadores do sector servizos e a petición do Concello. O obxectivo é detectar o máximo número posible de positivos asintomáticos para frear a cadea de transmisión do virus.

Segundo informa o goberno local, as probas efectuaranse este xoves, 28 de xaneiro, no pavillón municipal. O Concello lembra que as persoas que traballan no comercio, en supermercados, hostalaría, farmacias, gasolineiras, salóns de peiteado… conforman un dos colectivos máis expostos, así que alentan a participar no cribado masivo para atallar a elevada incidencia.

Aquelas persoas nteresadas en someterse á proba deben anotarse mañá ou pasado nos teléfonos 982 510 305 ou 982 523 032 (de 09:00 a 14:00h) ou ben escribir ao correo electrónico prevencion@vilalba.es. Deberán facilitar nome e apelidos, DNI, número de teléfono e actividade que realiza.

MÁIS PROBAS

O pasado domingo, 24 de xaneiro, o Sergas xa desenvolveu outro cribado no municipio de Vilalba, pensado para as persoas de entre 20 e 30 anos. Tratouse dun cribado en saliva, un método distinto ao que o Servizo Galego de Saúde viña usando en probas masivas deste tipo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here