InicioEconomíaRemata na Fonsagrada a renovación da vía de Carballido a Vega de...

Remata na Fonsagrada a renovación da vía de Carballido a Vega de Logares

A Deputación investiu 270.000 euros en recuperar o firme e mellorar a drenaxe unha estrada vital para a actividade gandeira da Fonsagrada

PUBLICADA O

- Advertisement -

A práctica totalidade da vía entre Carballido e Vega de Logares está xa rehabilitada. Este luns, as máximas autoridades da Deputación de Lugo visitaron esta estrada da Fonsagrada, renovada dende o punto quilométrico 0 ata o 9,2 con 270.000 euros a cargo do ente provincial. A LU-P-1909 resulta fundamental para as explotacións gandeiras da Montaña e, por tanto, para fixar a poboación nesta zona limítrofe con Asturias.

Os derradeiros traballos foron supervisados este luns polo presidente da Deputación, Darío Campos, e o vicepresidente desta administración e rexedor da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo. “É unha estrada moi importante xa que da acceso a unha zona moi gandeira, unha zona que ten futuro”, explicou Campos. “Queremos ser unha Deputación próxima ás persoas e ao rural –continuou o presidente provincial–, vertebrando as vías de comunicación e axudando a manter a poboación nunha das zonas máis gandeiras da Fonsagrada, beneficiando aos numerosos núcleos de poboación do Concello”.

Sobre as obras de aglomeración en quente neste lugar de difícil acceso, Fernández Queipo informou de que a intervención incorpora unha canalización de auga en distintos puntos, drenaxe que contribuirá á conservación futura da estrada. “A LU-P-1909 pasa por distintos núcleos de poboación, son zonas da montaña que deben dotarse de infraestruturas acordes as súas necesidades, e ese é o propósito da Deputación”, precisou o vicepresidente e alcalde da Fonsagrada.

As actuacións nesta estrada, que comunica o núcleo de Carballido a Vega de Logares, beneficiarán aos núcleos de poboación situados entre ambos os dous puntos, como Graña, Llacín, Dradas, Louteiro e Llan. As melloras rematarán a vindeira semana, e consisten na renovación do firme, mellorando a capa de rodadura con aglomerado en quente, limpeza de cunetas e melloras na canalización, incremento da sinalización horizontal e vertical e, polo tanto, aumento da seguridade viaria nesta vía provincial.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...