InicioSociedadeMuras rexistrou refachos de 120 km/h durante a pasada madrugada

Muras rexistrou refachos de 120 km/h durante a pasada madrugada

PUBLICADA O

- Advertisement -

O temporal que nas últimas horas mantivo a toda Galicia en nivel de alerta deixou entre esta madrugada e o mediodía ventos que, en zonas altas das provincias de Lugo e Ourense, superaron os 120 quilómetros por hora (km/h).

En concreto, segundo os valores rexistrados por Meteogalicia, as velocidades máximas rexistráronas dous medidores situados a máis de 900 metros de altitude: o do Xistral, en Muras, con 120,1 km/h ás 3:50 horas da mañá; e o do lugar de Lardeira, en Carballeda de Valdeorras (Ourense), que notificou refachos de 123,6 km/h ás 12,30 do mediodía deste sábado.

Ademais, os dous seguintes valores máis extremos correspóndense con estacións meteorolóxicas situadas na costa do norte, a menos de 900 metros de altitude, polo que o temporal azoutou con forza a gran parte da xeografía galega.

Dos observatorios do litoral, o de Penedo do Galo, no municipio lucense de Viveiro, rexistrou ventos de 113,4 kilómtros por hora ás 2,40 da madrugada. Mentres tanto, en Punta Candieira, en Cedeira (A Coruña), foron de 108 km/h ás 5,50 horas.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...