Home Lugo e contorna Lugo Un condutor de Lugo case sextuplica a taxa de alcol permitida por lei

Un condutor de Lugo case sextuplica a taxa de alcol permitida por lei

0
Un condutor de Lugo case sextuplica a taxa de alcol permitida por lei
Axente de Garda Civil | AXM

EFE | Un veciño da cidade de Lugo, de 56 anos de idade, foi sometido a un control de alcolemia pola Garda Civil e deu unha taxa de alcol case seis veces superior á permitida pola lei.

Foi interceptado pola Garda Civil onte pola tarde no termo municipal de Lugo, con síntomas evidentes de conducir bébedo. Ao practicárenlle o correspondente control, o resultado foi de 1,47 miligramos de alcol por litro de aire expirado.

O condutor foi imputado como investigado por un suposto delito contra a seguridade viaria e foi posto a disposición xudicial.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here