InicioSociedadeContinúa a busca de Nena, un galgo que se perdeu na cidade...

Continúa a busca de Nena, un galgo que se perdeu na cidade de Lugo

A cadela foi vista na zona de Fingoi, Acea de Olga, Sanfiz ou na contorna dos xulgados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un grupo de voluntarias e voluntarios seguen activos na busca de Nena, un galgo que se perdeu en Lugo hai uns cantos días. A cadela chegou a Lugo tras ser adoptada por un veciño da cidade a través da asociación Galgo Español España. Piden a colaboración social para dar coa localización do animal, que foi visto pola zona de Fingoi, Acea de Olga, Sanfiz ou na contorna dos xulgados. 

Nena é un galgo branco que se escapou da súa nova casa o día de Reis, quizais polo carácter medoso dos cans desta raza debido ás circunstancias nas que viviron previamente. Lembran que corre présa atopala, pois vén de ser esterilizada e cómpre facerlle un seguimento da medicación e da evolución.

Piden, iso si, que non se persiga nin se tente coller para non asustala. A maior axuda será avisar nos teléfonos 99 283 723, 666 083 811 ou 622 235 171.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...