InicioMovementos sociaisAs Anpas de Lugo apoian as reivindicacións do colexio do Courel: "Hai...

As Anpas de Lugo apoian as reivindicacións do colexio do Courel: “Hai que protexer o rural”

Nais e pais do CEIP Uxío Novoneyra non mandan os seus fillos á clase para protestar contra o redeseño que fixo a Xunta das rutas de transporte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta da Federación Provincial de Anpas de Lugo, Isabel Calvete, mostrou o apoio desta asociación e das Anpas galegas ás reivindicacións dos pais dos 30 alumnos do CEIP  Uxío Novoneyra, do Courel, que non enviarán aos seus fillos ao colexio ata que a Xunta non rectifique o redeseño das rutas de transporte escolar.

Pais e nais tamén están a facer visibles as súas demandas con caceroladas por todo o Concello de Folgoso do Courel e desde o venres decidiron non mandar aos pequenos ao colexio.

“Tanto a federación (de Lugo), como a confederación de Anpas galegas defendemos esas reivindicacións que son totalmente lexítimas para eles e para todo o rural”, subliñou Calvete, que apela a que “hai que protexer o rural” cun “trato diferenciado cara a el”. “Todos sabemos como son as estradas de montaña e pór máis dificultades aos alumnos e ás familias é absurdo. Se o que queremos é defender o rural hai que pasar das boas palabras e campañas inútiles e porse a traballar”, encomendou.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...