InicioDeportesTino Saqués repasa a actualidade do Club Deportivo Lugo

Tino Saqués repasa a actualidade do Club Deportivo Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tino Saqués, presidente do Club Deportivo Lugo, repasou a actualidade albivermella durante a presentación do Memorial Manolo Martín, que se xogará o vindeiro mércores 8 de agosto contra o Real Club Deportivo da Coruña no estadio Ángel Carro a partir das 20:30 horas.

O presidente do Lugo afirmou que “é bonito ter un derbi galego e sendo cos veciños da Coruña mellor que mellor”. “O público en Lugo normalmente é moi frío, non sei se pode ser un pouco polo clima. Cando veñen grandes afeccións, tamén se veñen arriba. Espero que cando veña o Deportivo, os afeccionados de Lugo se contaxien e animen máis que nunca ao noso club, e iso poda trasladarse no resto de partidos da tempada”, reflexionou Saqués.

O presidente albivermello calificou de “complicada” a vindeira tempada na Segunda División. “Ante situacións difíciles, podemos ver o que damos de sí. Non lle temos medo, sí respecto á tempada”, declarou. Lembrou que “hai moita ilusión” no club.

En canto os abonados, contestou que superaron “a barreira dos 2000” e, co carné de abonado, a entrada será de balde para ver o filial, que militará en Terceira División. Os partidos do segundo equipo xogaranse “algúns no Anxo Carro e outros probablemente sexan na Cheda”.

Sobre fichaxes, respondeu que “pode haber un par delas máis” e conta con pechar a plantilla en “non máis tardar dúas semanas”.

Tino Saqués adiantou que o límite salarial designado pola Liga “vai ser lixeiramente inferior” ao da tempada pasada, pero “vai ser suficiente para facer unha plantilla competitiva”. En ingresos por dereitos de television, “prácticamente vai recibir o mesmo, aínda non están as cifras pechadas”, segundo confirmou o presidente albivermello.

Saqués tamén se referiou a situación do xogador Ramón Azeez, que chegou unha semana tarde á pretempada. “Abriuse un expediente, el ten que facer alegacións e, en base a iso, saberemos a realidade”, comentou. Tamén dixo que “non” ten “constancia” de ningunha oferta por Azeez.

Respondeu que a saída do adestrador Francisco Rodríguez, técnico do Lugo a campaña 2017-2018, foi cunha “resolución amistosa”, aínda que “sí houbo un pequeno pago, pero non a cláusula”. Definiu como “xusta” esta situación.

Por último, afirmou que de cara a tempada 2019-2020 deberán actualizar certas cuestións en “céspede e iluminación” do estadio Ángel Carro, así como amosouse optimista de cara a realización dunha “bancada fixa no fondo sur”.

 

ÚLTIMAS

Besteiro reclama “máis forza municipalista” no congreso de proclamación de Tomé como secretario do PSOE en Lugo

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, foi proclamado este sábado secretario provincial do PSOE no...

Miguel Fernández reclama un “maior compromiso” da Xunta nos proxectos de valor estratéxico para a cidade

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, reclamou un "maior compromiso" por parte da Xunta naqueles proxectos que...

Xulgan a dous homes que se agrediron mutuamente por un cabalo que entrou na propiedade dun deles en Xermade

A Audiencia Provincial de Lugo acolle o vindeiro martes, día 13, o xuízo contra dous homes...

Lugo acollerá a Asemblea Nacional da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas en 2026

Lugo acollerá en 2026 a Asemblea Nacional da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas (AEFRH),...