InicioDeportesFrancisco rescinde co C.D. Lugo

Francisco rescinde co C.D. Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo comunicou un “acordo de rescisión do seu contrato” con Francisco Rodríguez Vílchez, primeiro adestrador do club albivermello nesta última tempada 2017-2018. Francisco tiña contrato até o 30 de xuño de 2019.

O club agradece a “implicación, entrega e profesionalidade tanto de Francisco como do seu corpo técnico” e deséxalle “a maior das sortes nos seus futuros proxectos profesionais”.

Con Francisco, o Lugo rematou a tempada en Liga 1|2|3 en decimosegunda posición con 55 puntos. Chegou a ser líder na xornada doce e estivo en posto de ascenso directo a Primeira durante sete xornadas.

Segundo diferentes medios, o Granada C.F. e o Córdoba C.F. estarían interesados na contratación do técnico almeriense.

Foto de laliga.es

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...