InicioSociedadeA lucense Isabel Pardo de Vera, primeira muller Medalla de Ouro do...

A lucense Isabel Pardo de Vera, primeira muller Medalla de Ouro do Eixo Atlántico

Pardo de Vera, primeira muller en dirixir Adif, recibe a medalla de ouro do Eixo Atlántico pola contribución á Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal

PUBLICADA O

- Advertisement -

Eixo Atlántico aprobou a concesión das Medallas de Ouro da entidade á primeira muller en presidir Adif, a lucense Isabel Pardo de Vera, e a José Albino Silva Peneda, presidente da CCDRN en 1995 e ministro do goberno portugués entre 1987 e 1993 pola súa contribución á construción e desenvolvemento da eurorrexión. Estas medallas entregaranse nun acto solemne que se celebrará o próximo mes de febreiro, coincidindo coa celebración da Asemblea Xeral do Eixo Atlántico no Barco de Valdeorras.

Isabel Pardo de Vera, natural de Lugo, é a primeira muller que preside o administrador estatal da infraestrutura ferroviaria Adif. É ademais a primeira muller que recibe a Medalla de Ouro do Eixo. Enxeñeira de Camiños, foi directora xeral de Explotación e Construción de Adif, ata o seu recente nomeamento como responsable deste organismo público.

Durante a súa etapa como directora xeral foi a artífice da inclusión da liña A Coruña, Vigo, Ourense, O Barco, Palencia na proposta do Goberno español para ser integrada no Corredor do Atlántico, o que finalmente se conseguiu o pasado mes de xuño.

Pardo de Vera tamén foi a artífice da modernización e electrificación da liña Lugo-Ourense e no momento do seu nomeamento estaba a analizar a proposta do Eixo Atlántico sobre a saída sur de Vigo para determinar a viabilidade da continuación das obras.

As Medallas de Ouro do Eixo Atlántico constitúen o galardón de maior relevo e prestixio no ámbito eurorrexional co que recoñecer a aquelas persoas ou institucións que máis se implican e achegan á construción da eurorrexión e ao desenvolvemento da cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal.

As medallas outórganse cada dous anos coincidindo con cada unha das presidencias da entidade. O presidente e vicepresidente someten á consideración da Comisión Executiva os nomes para que esta, á súa vez, os traslade á Asemblea Xeral, que é quen as aproba. Entre os premiados en anteriores edicións atópanse Manuel Fraga, Mario Soares, Gerardo Fernández Albor ou o presidente da Comisión Europea, Jacques Delors.

O outro galardoado, José Albino Silva Peneda, foi presidente da CCDRN en 1995, compartindo a presidencia da Eurorrexión con Manuel Fraga Iribarne. Anteriormente foi ministro de Emprego e Seguridade Social no XI e XII Goberno Constitucional de Portugal entre 1987 e 1993.

Ata a súa recente xubilación foi presidente do Consello Económico e Social de Portugal desde o 22 de decembro 2009 a 1 de maio de 2015, cando renunciou para asumir funcións de asesor do presidente da Comisión Europea, Jean Claude Junker. Durante toda a súa traxectoria caracterizouse pola defensa dos intereses da rexión norte de Portugal e da cooperación con Galicia, tendo colaborado co Eixo nalgún dos seus informes estratéxicos de maior relevancia.

ÚLTIMAS

A Garda Civil de Lugo identifica a tres autores de estafas a congregacións relixiosas

Unha investigación levada a cabo polo Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Garda...

Lugo roza este mércores os -10 graos

As temperaturas mínimas rozaron este mércores os 10 graos negativos nas provincias de Lugo...

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...

Interceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida e circulaba en sentido contrario

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana a un condutor que circulaba en...