Home Lugo e contorna Os botellóns da fin de semana preocupan polos riscos sanitarios e ecolóxicos

Os botellóns da fin de semana preocupan polos riscos sanitarios e ecolóxicos

0
Os botellóns da fin de semana preocupan polos riscos sanitarios e ecolóxicos
Restos dun botellón no barrio do Carme | Coidemos Lugo

As imaxes de aglomeracións de persoas mozas e adultas a pasada fin de semana en Lugo preocupan polos riscos que poidan traer a nivel sanitario, dado o contexto actual da pandemia. O propio xerente da área sanitaria, Ramón Ares, xa alertou sobre este tipo de comportamentos, en referencia ás concentracións na rúa Nova ou na localidade de Meira. Tamén os hostaleiros lamentaron o ocorrido, que tacharon de “indignante”.

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo (Apehl), Cheché Real, expresou a contrariedade do sector ante a proliferación de botellóns na véspera de fin de ano e ao longo da pasada fin de seman. “A indignación vai in crescendo”, afirma, á vez que deixa claro que neste caso “hai unha responsabilidade manifestamente individual”.

Real avisa das “consecuencias que trae isto consigo”. “Iremos a un novo confinamento ou produciranse máis contaxios entre a cidadanía por estes comportamentos absolutamente irresponsables e reprochables”, agoira. Así pois, lanza unha mensaxe ás autoridades políticas e sanitarias, porque sostén que “a hostalaría é incapaz de parar estes botellóns que se producen na rúa”.

“Temos que deixar patente o cumprimento da normativa nos locais de hostalaría, de cumprila e facela cumprir, pero cando as irresponsabilidades se suceden na rúa é imposible de parar. Isto vai traer unhas consecuencias gravísimas en canto a contaxios e restricións nos establecementos“, vaticinou Cheché Real.

O CONCELLO CHAMA AO “CIVISMO”

Pola súa banda, o Concello de Lugo fixo un chamamento ao “civismo” e ao coidado do patrimonio logo de que aparecesen restos de botellón na zona do Carme. O concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, demandou “educación e respecto”, mentres lembra que os botellóns están “totalmente prohibidos” e “aínda máis” nun contexto de pandemia.

Así mesmo, avisa de que se está “causando un importante dano físico nunha zona protexida da cidade, o barrio do Carme, moi próximo ao casco antigo e polo que pasa a Vía Romana XIX e o Camiño Primitivo”.

+ posts