InicioSucesos"Multádeme se queredes, o virus non existe": así respondeu aos axentes un...

“Multádeme se queredes, o virus non existe”: así respondeu aos axentes un home que cometera tres infraccións

Nos dous primeiros días do ano, a Policía Local de Lugo levantou 22 actas de denuncia por non respectar o toque de queda e outras 13 por non usar máscara.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Un home de 37 anos enfróntase a sancións por tres infraccións por transitar sen máscara, incumprir o toque de queda e desobedecer os axentes da Policía Local de Lugo, quen lle lembraron a obriga de ir en todo momento coa boca e o nariz cubertos pola máscara. Con todo, o home contestou: “Non quero, multádeme se queredes. Dáme igual O virus non existe”.

Esa é a resposta que consta no parte de servizos efectuado por este corpo correspondente aos días 1 e 2 de xaneiro. No comunicado especifícase que esta persoa se enfronta a unha multa de 100 euros por ir sen a máscara,  entre 601 e 30.000 por vagar pasadas as once da noite sen causa xustificada e a outra cantidade similar, entre 601 euros e 30.000, pola falta de respecto aos efectivos que se dirixiron a el.

OUTRAS DENUNCIAS

Os axentes tamén levantaron neste período 22 actas de denuncia por non respectar o toque de queda, 13 por non usar máscara e unha proposta de sanción a un local que superaba a capacidade permitida e que podería ter que desembolsar 500 euros.

Por outra banda, destacan tres episodios relacionados con condutores baixo os efectos do alcol. Todos, ademais, incumprían o toque de queda, e unha delas triplicaba a taxa permitida.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...