InicioAncaresO mal tempo provoca un desprendemnto nunha estrada de acceso ao Piornedo

O mal tempo provoca un desprendemnto nunha estrada de acceso ao Piornedo

As intensas nevadas das últimas horas chegaron a provocar espesores de entre 5 a 15 centímetros no Courel e Ancares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Medios humanos e materiais da Deputación de Lugo traballan para tratar de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-3505, que dá acceso ao núcleo do Piornedo, en Cervantes, e que permanece cortada por mor dun desprendemento de pedras e terra.

En concreto, a vía atópase totalmente cortada ao tráfico no kilometro 16,1, aproximadamente a uns 10 quilómetros do Piornedo. A previsión da Deputación é que as tarefas para liberar a estrada continúen durante, aproximadamente, unha semana. Os traballos consistirán en picar pedra, cargala e retirala. Ademais, se é necesario, consolidaranse os noiros e rexenerarase o firme.

Durante o tempo no que a estrada permaneza cortada, as persoas que desexen acceder a O Piornedo deberán facelo por Becerreá, e continuar por Doiras, Degrada e Campa da Graña.

OPERATIVOS POR NEVE

Por outra banda, a Deputación de Lugo mantén despregado un dispositivo composto por 96 operarios e 48 equipos para favorecer a circulación e a seguridade na rede viaria provincial e atender os posibles incidentes que se produzan durante o temporal de neve previsto para os primeiros días deste ano 2021.

O dispositivo traballa este venres, desde primeira hora da mañá, en 80 estradas que discorren por 13 municipios da Montaña e da zona sur da provincia: Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Cervantes, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribas de Sil e Samos.

Nas vías destes municipios transítase con dificultade polas intensas nevadas das últimas horas, que chegaron a provocar espesores de entre 5 a 15 centímetros, ademais de placas de xeo.

Os concellos máis afectados pola neve son Folgoso do Courel, Pedrafita do Cebreiro e Cervantes, sendo aconsellable nas estradas destas localidades o uso de cadeas en todos os vehículos que non sexan todoterreo.

O dispositivo de seguridade mobilizado pola Deputación está formado por 96 operarios, 20 máquinas quitaneves con salero, 16 pick up con salero e cuña quitaneves, e 12 vehículos todoterreo de apoio. Así mesmo, os 12 silos de sal da Deputación dispoñen de 35 toneladas cada un para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios e usuarias das vías.

ÚLTIMAS

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...