InicioSociedadeA Xunta levanta as restricións de mobilidade en Lugo e confina Viveiro

A Xunta levanta as restricións de mobilidade en Lugo e confina Viveiro

Tamén confina Verín, Monterrei, Castrelo do Val, Cualedro, Noia e Lousame.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O comité clínico da Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión deste luns, que os concellos de Viveiro, Verín, Monterrei, Castrelo do Val, Cualedro, Noia e Lousame, pasan ao nivel máximo de restricións. Verín, Monterrei, Castrelo do Val e Cualedro forman un perímetro conxunto. O mesmo que fan Noia e Lousame.

Así mesmo, decidiu suavizar as medidas restritivas nos concellos de Lugo, Ponteareas e Rodeiro, que pasarán ao nivel básico de restricións, co que se suprimirá a limitación de mobilidade. Igualmente, o comité clínico acordou que os concellos de Redondela, Barro, Xinzo de Limia, Carral, Xove, Muros, Outes, Porto do Son e A Pobra do Caramiñal pasan ao nivel medio alto de restricións.

Tras analizar a evolución epidemiolóxica no conxunto de concellos galegos, o comité clínico tamén acordou engadir ao listado de concellos con vixilancia especial a Val do Dubra, Vedra, Padrón e Rois. Todas estas medidas publicaranse no Diario Oficial de Galicia deste martes e entrarán en vigor ás 00:00 horas do mércores.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...