InicioSociedadeAumentan os casos e os ingresos por covid na provincia a pesar...

Aumentan os casos e os ingresos por covid na provincia a pesar de realizarse menos PCR

A taxa de positividade en Galicia é o dobre do que recomenda a OMS.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia detectou 373 novos casos de covid, 64 máis que o día anterior, nunha xornada na que ademais descenderon de maneira importante as PCR practicadas, case 4.000. Tamén subiu a presión hospitalaria, que ascendeu ata os 382 ingresados, nove máis.

Este aumento débese, principalmente, ao incremento dos pacientes en unidades convencionais –273, oito máis–, xa que a subida no número de ingresados en UCI é mínima, cun máis que hai 24 horas, o que deixa o cómputo en 55.

Coa actualización deste sábado na web da Consellería de Sanidade, na área de Lugo-A Mariña-Monforte hai nestes momentos 14 ingresados con coronavirus, un máis que hai 24 horas, con catro deles en UCI.

BAIXAN Os POSITIVOS DIARIOS

En canto á detección de casos, Galicia sumou 373 novos positivos por coronavirus nun día, 64 máis que nas 24 horas previas. Ademais, hai que ter en conta que as PCR realizadas foron 6.197, unha baixada de case 3.800 con respecto á xornada anterior.  Con todo, e a pesar desta baixada, na área Lugo-A Mariña-Monforte houbo un aumento de dez novos casos, ata os 33.

TAXA DE POSITIVIDAD

Así, a taxa de positividad da Comunidade galega sitúase nos datos deste sábado no 7%, o que implica máis do dobre que o venres e volver pasar do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...