InicioSociedadeUn vídeo anima a rapazada de Lugo a celebrar o Nadal con...

Un vídeo anima a rapazada de Lugo a celebrar o Nadal con responsabilidade

A actriz Beatriz Serén protagoniza a historia, na que tamén colabora o director meirego Andrés Goteira e persoas de diversos ámbitos da cidade de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Xuventude do Concello de Lugo lanzou un vídeo para difundir en redes a necesidade de actuarmos con responsabilidade durante este Nadal. Faino a través da historia dunha rapaza que ten que tomar unha importante decisión a medida que camiña pola cidade lucense.

O vídeo, protagonizado pola actriz lucense Beatriz Serén, tamén conta coa participación de máis de cincuenta persoas de Lugo: mozas e mozos, asociacións e clubs deportivos como o Breogán ou o CD Lugo, grupos musicais, representantes da sanidade e da Fundación Secretariado Gitano, maiores, familias…

Conta, ademais, coa colaboración especial do director de cine, Andrés Goteira, gañador de varios Premios Mestre Mateo, e coa aparición da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e a edil de Xuventude, Ana Abelleira.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...