InicioSociedadeUn quinto premio deixa un petisco de sorte en Castro e Becerreá

Un quinto premio deixa un petisco de sorte en Castro e Becerreá

Nestas localidades lucenses vendeuse cadanseu décimo do 86.986, premiado con 6.000 euros. En Lourenzá tamén caeu outro quinto, o 19.371.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous boletos do número 86.986, agraciado cun dos quintos premios no Sorteo Extraordinario de Nadal da Lotería Nacional, deixaron 12.000 euros en premios nas localidades de Becerreá e Castro de Ribeiras do Lea, no municipio de Castro de Rei.

En concreto, en Castro,  o décimo premiado con 6.000 euros foi vendido en Casa Carreira, no número 4 da Praza García Abad.  En Becerreá, foi o Café Bar O Noso onde caeu a sorte con outros 6.000 euros. O establecemento está situado na rúa Carlos III, número 37-39.

Este número, o 86.986, caeu bastante repartido e deixou fortuna nunha morea de localidades galegas.

A FABA DE OURO DE LOURENZÁ

Outro quinto premio, o do 19.371, tamén caeu na provincia de Lugo. Foi na Administración nº1 de Lourenzá, A Faba de Ouro, que repartiu 60.000 euros.

Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...