InicioSociedadeA alcaldesa de Vilalba é partidaria de manter as restricións no municipio

A alcaldesa de Vilalba é partidaria de manter as restricións no municipio

Elba Veleiro defende a saúde como prioridade por riba de calquera outro aspecto e apela á responsabilidade individual.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Vilalba, a socialista Elba Veleiro, avoga por que se manteñan as restricións no concello, xa que hai que ser “suficientemente responsables para priorizar” a saúde “por encima de calquera outro interese”.

Veleiro asegurou que “o máis importante é preservar a saúde das persoas”. “Entón, se temos que estar uns días máis con restricións máximas, estaremos”, manifestou. A rexedora fixo un chamamento “á responsabilidade individual”, dado que así se “contribuirá a que isto conclúa o máis rápido posible e co máximo de garantía”.

Aínda que baixan os contaxios, o certo é que aínda son positivos un total de 133 veciños, dos cales 65 son da residencia de maiores e do asilo, que chegaron no seu pico máis alto de incidencia a máis de 200 casos. Por iso, a alcaldesa apela de novo á “prudencia”.

Con todo, Elba Veleiro celebrou que “parece que se van estabilizando” os casos activos na residencia, que fai tres semanas tivo que ser intervida pola Xunta.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...