InicioSucesosDenunciadas catorce persoas por celebrar unha festa no interior dun local lucense

Denunciadas catorce persoas por celebrar unha festa no interior dun local lucense

O establecemento estaba aberto a pesar de que era máis tarde das 17:00 horas, hora límite para a súa apertura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou a 14 persoas non conviventes que participaron nunha festa de aniversario nun local de hostalaría da cidade.

Fontes municipais confirmaron que os feitos tiveron lugar este martes sobre as 18,00 horas, cando se descubriu a festa nun establecemento da rúa Ramiro Rueda,  que permanecía aberto fóra do horario permitido.

Así, cursáronse 14 actas de denuncia por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá dado o incumprimento da limitación de permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados a catro persoas, fóra de convivientes. Como consecuencia, poderán imporse multas de 601 a 30.000 euros.

Ademais, interpúxose unha denuncia ao responsable do local polo incumprimento do horario de peche, que para o municipio de Lugo está fixado ás 17,00 horas. Esta persoa tamén foi denunciada por falta de respecto e consideración aos axentes no exercicio das súas funcións ao dificultar a actuación e incitar aos asistentes a non identificarse.

Por outra banda, ese mesmo día interpuxéronse seis actas de denuncia por incumprimentos da prohibición de acceso ou saída do termo municipal e outras seis por non respectar o toque de queda. Así mesmo, outra persoa foi denunciada por non utilizar máscara.

+ posts

ÚLTIMAS

Besteiro denuncia a “compravenda vergoñenta” do goberno local de Lugo: “os veciños farán pagar ao PP”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que os veciños de...

Elena Candia busca “fórmulas legais” para incorporar á tránsfuga Reigosa no goberno local

O pleno do Concello de Lugo no que se debatirá a moción de censura...

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Nova edición do curso de música medieval organizado pola Vicepresidencia da Deputación

Corenta persoas de distintos puntos do Estado e doutros países - Portugal, Italia e...