InicioMovementos sociaisCarmen Castro abordará as políticas de igualdade nun novo Faladoiro Feminista

Carmen Castro abordará as políticas de igualdade nun novo Faladoiro Feminista

O ciclo de debate organiza este venres, ás 19:30 horas, un debate virtual e aberto á participación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O ciclo de Faladoiros Feministas —agora Ciberfaladoiros— continúa este venres 4 de decembro en Lugo coa charla online da economista e activista en igualdade Carmen Castro, que abordará as estratexias feministas para repensar a economía.

A Deputación e o Foro Feminista Maruxa Mallo organizan un novo encontro de debate, aberto á participación da cidadanía e que se poderá seguir a través da canle de Youtube de Nomenklaturas Gestión Cultural ás 19:30 horas.

Carmen Castro é especialista en políticas europeas de igualdade, estratexia de mainstreaming de xénero e empoderamento das mulleres na administración pública. Licenciada en Economía pola USC, como investigadora foise especializando na consultoría e asesoramento de políticas públicas de xénero. É autora de varias publicacións e guías prácticas, e promotora de Sin Género de Dudas, a primeira bitácora feminista con perspectiva de xénero de lingua hispana.

Galardoada con diferentes recoñecementos, en 2019 recibiu o premio ‘Les Corts de les Dones’, outorgado polas Cortes Valencianas, pola súa traxectoria profesional e persoal na defensa da igualdade e os dereitos das mulleres. Entre os anos 1992 e 1996 foi presidenta da Asociación Mulleres Xoves de Galicia.

OUTRAS CHARLAS

O ciclo de Ciberfaladoiros Feministas rematará o venres 11 de decembro coa charla de Sonia Ramos. No marco destes coloquios, a semana pasada a xornalista Mabel Lozano presentou por primeira vez en Galicia o seu novo libro PornoXplotación de denuncia da trata humana.

ÚLTIMAS

Unha pelexa nun after en Lugo mobiliza a varias unidades policiais

Dous mozos protagonizaron este xoves unha pelexa ante un local de after no centro...

A Garda Civil investiga unha lucense por defraudar 17.800 euros en axudas da PAC

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Lugo, de...

José Tomé avisa tras deixar a Presidencia da Deputación: “Non pararei ata descubrir que hai detrás de todo”

José Tomé oficializou este martes a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo...

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...