InicioMovementos sociaisO Foucín de Honra 2020 recoñece o labor de Laura Pardeiro, a...

O Foucín de Honra 2020 recoñece o labor de Laura Pardeiro, a creadora de ‘Leiras e Marcos’

A asociación Rente ao Couce entregaralle a distinción a esta rapaza das Nogais "por ser muller, do rural, xove e por espallar unha visión de futuro, orgullo e amor polo noso".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación cultural Rente ao Couce desvelou hoxe o nome da persoa merecedora do Foucín de Honra neste 2020, que non é outra ca Laura Pardeiro, a creadora do proxecto ‘Leiras e Marcos’. O acto de entrega será o vindeiro 12 de decembro en Becerreá, data e lugar onde se celebrará a Feira do 12.

Rente ao Couce recoñece así o labor desta moza das Nogais “que nos achega unha visión máis cercana, acertada e de futuro” sobre a comarca dos Ancares, afastada dunha mirada de “idealización”, “incomprensión” ou “absoluto esquecemento”. Faino a través das súas redes sociais e da súa revista dixital, da que Laura Pardeiro xa ten falado no Lugo Xornal algo antes de dar a coñecer que era ela quen estaba detrás do proxecto.

“Por ser muller, do rural, xove e por espallar unha visión de futuro, orgullo e amor polo noso”, Laura Pardeiro ha levar para a casa o segundo Foucín da asociación.

O ANTERIOR HOMENAXEADO

O primeiro entregáronllo o ano pasado a Alfonso Becerra como distinción ao seu labor asociativo á fronte do colectivo A Pipa. 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...