InicioEconomíaOs hostaleiros ven "insuficientes" as axudas da Xunta e reclaman "indemnizacións"

Os hostaleiros ven “insuficientes” as axudas da Xunta e reclaman “indemnizacións”

Insisten en que o sector non era o motivo dos gromos, senón as reunións sen control que se seguen producindo fóra destes establecementos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, dixo este venres que, aínda que calquera axuda é “benvida”, as que fixou a Xunta  (de ata 9.000 euros) son “insuficientes“.

De feito, Real vai máis aló e no canto de subvencións reclamou “indemnizacións”, dado que se lles “impide” abrir os seus establecementos e por tanto “a situación está a volverse moi crítica”, máis aínda en subsectores como o lecer nocturno e o aloxamento.

En canto aos aloxamentos, como hoteis, casas de turismo rural ou apartamentos, sinalou que aínda que non están pechados coma o resto da hostalaría, “non teñen clientes” debido aos peches perimetrais. “A situación é tremenda”, subliñou.

Ademais, o presidente dos hostaleiros de Lugo advertiu, seguidamente, que “os gromos seguen crecendo a pesar de que a hostalaría está pechada” porque “se veñen producindo en reunións familiares ou en reunións doutro tipo”. “En definitiva, reunións que non teñen nada que ver co noso sector, que está a pagar o pato de todo isto desde fai nove meses con restricións e limitacións”, denunciou Cheché Real.

Así mesmo, lembrou que todo iso xa llo transmitiron tanto ao Goberno como á Xunta: “Que nós non somos os causantes dos contaxios, senón máis ben todo o contrario, porque nos nosos locais hai un control absoluto das pautas e protocolos a seguir”.

+ posts

ÚLTIMAS

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...