InicioCulturaA lucense Irene Pin estrea 'Amnesia 3.0', a primeira webserie interactiva en...

A lucense Irene Pin estrea ‘Amnesia 3.0’, a primeira webserie interactiva en galego

Será hoxe ás 22:00 horas dentro da programación do festival Carballo Interplay.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O festival de contidos dixitais Carballo Interplay acolle hoxe ás 22:00 horas a estrea virtual da primeira webserie interactiva en galego. Trátase de ‘Amnesia 3.0’, dirixida pola lucense Irene Pin.

Será un “fito dentro da ficción dixital galega”, segundo o definen dende o propio festival, pois a interactividade da serie permitirá que o espectador se achegue á historia por un ou outro itinerario que el mesmo poderá escoller. “Unha aposta interactiva sen precedentes que nace dunha teima por atrevese a romper os límites impostos”, destacan.

A directora lucense Irene Pin na rodaxe de ‘Amnesia 3.0’ | LX

Así mesmo, expande o panorama das webseries a un xénero pouco explorado como é o da ciencia ficción. É unha “macroprodución con micropresuposto” cun toque do estilo ‘Black Mirror’. Ademais, esta miniserie de tres capítulos conta, ademais, coa colaboración de caras coñecidas do audiovisual galego, como Monti Castiñeiras, Sabela Arán e Isabel Naveira.

Trala estrea, que será a través da rede, haberá un coloquio posterior coas creadoras: a directora Irene Pin e as produtoras Natalia Porca e Cristela Torres.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...