InicioSociedadeXa é Nadal na Praza de Abastos de Lugo

Xa é Nadal na Praza de Abastos de Lugo

A acción pretende ser de axuda ao comercio local, gravemente afectado pola crise da Covid-19.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Área de Participación e Servizos para a Veciñanza realizou no día de hoxe o acto de acendido das luces de Nadal da Praza de Abastos, unha acción coa que se procura unha maior afluencia de xente a este espazo.

Segundo declarou a concelleira responsable, Cristina López, “co alumeado de Nadal queremos convidar á veciñanza de Lugo a que se achegue á Praza de Abastos e ao Mercado Municipal e que coñeza os produtos de primeira calidade que venden as praceiras e praceiros”.  O apoio ao comercio local é “moito máis importante este ano” se cabe.

Cristina López agradeceu a todas as praceiras e praceiros “a súa implicación e colaboración durante os días máis duros do confinamento, onde puxemos en marcha servizos como a compra pre encarga ou o reparto a domicilio”.  A edil de Participación destacou que “na Praza e no Mercado temos a posibilidade de adquirir produtos de calidade e desfrutar da atención personalizada dos distintos comerciantes nun entorno privilexiado do centro da cidade”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...