Home Lugo e contorna Lugo Un bar de Lugo estaba aberto e con catro clientes dentro a pesar do obrigatorio peche temporal

Un bar de Lugo estaba aberto e con catro clientes dentro a pesar do obrigatorio peche temporal

0
Un bar de Lugo estaba aberto e con catro clientes dentro a pesar do obrigatorio peche temporal
Control da Policía Local de Lugo debido ao peche perimetral pola covid-19.. POLICÍA LOCAL DE LUGO

A Policía Local de Lugo denunciou o responsable dun bar de Lugo por ter o local aberto e incumprir así as restricións impostas pola Xunta, segundo as cales se decretou o peche temporal do sector hostaleiro durante alomenos un mes.

Segundo informou a Policía Local, este mércores, 11 de novembro, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio realizaron controis para comprobar o cumprimento das normas e restricións. Foi así cando se comprobou que un local da rúa Pintor Villamil / Yáñez Rebolo se atopaba aberto e con catro clientes no seu interior.

Por unha banda foi denunciado o responsable do local hostaleiro e, pola outra, os axentes tamén tramitaron denuncia a un dos clientes por non levar posta a máscara.

MOBILIDADE

Ademais, a Policía tamén identificou a cinco persoas que intentaban entrar sen xustificación dentro da cidade, onde aínda se mantén o peche perimetral. Segundo puntualizaron fontes policiais, os denunciados procedían de Navarra, Ribadeo, Begonte (dúas persoas) e Muxía.

+ posts