InicioSociedadeDenuncian que o Sergas non fixo PCR aos alumnos dun cole de...

Denuncian que o Sergas non fixo PCR aos alumnos dun cole de Lugo malia o positivo dunha docente

A Confederación de Anpas Galegas carga contra a "terrible xestión" da Xunta a raíz dun caso no CEIP Rosalía de Castro e outro no CEIP Vista Alegre (Burela). Achácalle tardanza e falta de probas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Confederación de Anpas Galegas denunciou este mércores o “terrible descontrol” da xestión que fan as Consellería de Sanidade e de Educación sobre a crise do coronavirus. Centran a queixa en dous casos que se deron en colexios de Lugo e Burela, onde aseguran que non se fixeron probas ao alumnado nin ao persoal a pesar de detectarse positivos no centro. 

Pasou no CEIP Rosalía de Castro, en Lugo. Segundo relatan, unha docente deu positivo nunha aula pero o alumnado non recibiu probas nin sequera foi confinado. Caso similar sucedeu no CEIP Vista Alegre de Burela, denuncian.

Como é posible que os os rastrexadores tarden máis dunha semana en poñerse en contacto co alumnado confinado para facer a PCR ou o seguimento? Ou o caso, aínda máis absurdo de chamar a alumnado non confinado (que deberan estalo) para dicirlles que podían saír do confinamento?”, pregúntanse dende a Confederación.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

José Tomé visita o Centro de Galicia de Buenos Aires, a “auténtica casa da colectividade” en Arxentina

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei Roca, percorreu este luns o histórico...

Lugo acusa á Xunta de deixamento no control do xabaril e da velutina

O Concello de Lugo denunciou que o control de pragas levado a cabo pola...

Ferido un condutor que circulaba en sentido contrario pola A-6 ao chocar cun microbús en Guitiriz

Un condutor resultou ferido na madrugada deste domingo tras circular en sentido contrario pola...

Lugo recoñece a traxectoria de Xesús Alonso Montero e Rafael de Vega Barrera, fillos adoptivos da cidade

O Concello de Lugo recoñeceu este sábado a traxectoria de dous "lucenses de corazón",...