InicioSociedadeNova vítima da Covid en Lugo

Nova vítima da Covid en Lugo

É unha muller de 86 anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de sete persoas con COVID-19 faleceron nas últimas horas, o que eleva o total de mortes pola pandemia a 976 na comunidade galega. Todos eles contaban con patoloxías previas. Desde o luns faleceron 53 persoas pola Covid, sendo o luns, con 21 faledidos un dos peores días desde o inicio da pandemia.

Dous dos casos deste venres están vinculados con residencias de maiores: un home de 76 anos que se atopaba ingresado no Complexo Hospitalario de Ourense e procedía de Nosa Señora dos Miragres de Barbadás e unha muller duns 85 anos que faleceu nese mesmo centro.

O resto de mortes rexistradas foron a dunha muller de 82 anos no Complexo Hospitalario de Ferrol, un home de 82 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra, unha muller de 88 no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, un home de 80 no Chuvi e outra muller, de 86 anos, no HULA.

Con estas sete vítimas, Galicia alcanzou o total de 976 falecidos. Esta mesma semana, o luns, rexistrouse o maior número de mortes por coronavirus nesta segunda onda da pandemia e con cifras que se remontan a principios do mes de abril.

O pasado xoves notificouse o maior número de mortos nunha mesma xornada desde que comezou a segunda onda (13) e superouse a barreira dos 900 falecementos con coronavirus.

A primeira morte computada na Comunidade na denominada ‘nova normalidade’ foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses –desde o 10 de xuño– sen decesos relacionados coa pandemia.

ÚLTIMAS

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...